{"id":4537,"date":"2021-09-15T17:16:41","date_gmt":"2021-09-15T15:16:41","guid":{"rendered":"https:\/\/galicianfreakyfestival.com\/?page_id=4537"},"modified":"2021-09-22T16:41:15","modified_gmt":"2021-09-22T14:41:15","slug":"inauguracion-caspervek-haxan","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/galicianfreakyfestival.com\/inauguracion-caspervek-haxan\/","title":{"rendered":"INAUGURACI\u00d3N: CASPERVEK + H\u00c4XAN"},"content":{"rendered":"\n
\"\"<\/figure>\n\n\n\n

D\u00eda: M\u00e9rcores 29 de Setembro 19:00<\/strong>
Ubicaci\u00f3n: Auditorio Concello<\/strong>
Venda de entradas<\/a><\/p>\n\n\n\n

\n
MERCAR ENTRADAS<\/a><\/div>\n<\/div>\n\n\n\n

Como v\u00e9n sendo costume, inauguramos esta #5 edition do GFFF cunha viaxe aos albores do cinema. Nesta ocasi\u00f3n \u00e9 a quenda do filme “H\u00e4xan” do director Benjamin Christensen que neste ano cumpre 99 anos desde a s\u00faa estrea.<\/p>\n\n\n\n

Unha nova oportunidade de gozar dunha obra clave da historia do cinema engad\u00edndolle o compo\u00f1ente de desfrutar en directo dunha peza composta por e para a ocasi\u00f3n. A atmosfera na que nos somerxer\u00e1 un ano m\u00e1is “Caspervek Ensemble” permitiranos experimentala como os nosos antepasados fai un s\u00e9culo.<\/p>\n\n\n\n

CASPERVEK<\/h2>\n\n\n\n

Caspervek escribiu a Banda Sonora para “H\u00e4xan” como un encargo do Museo Nacional de Arte de Estonia no ano 2015. Tras esta estrea e un concerto posterior en Letonia, o grupo non volveu presentar en p\u00fablico a pel\u00edcula ata o ano 2019, cando realizou unha revisi\u00f3n da partitura orixinal para interpretala xunto \u00e1 acordeonista Nerea Rodr\u00edguez.<\/p>\n\n\n\n

\n
\n

Agora, con motivo do Galician Freaky Film Festival o grupo realizou unha segunda revisi\u00f3n da Banda Sonora orixinal, neste caso para un quinteto formado por frauta, clarinete, saxof\u00f3n, percusi\u00f3n e piano.<\/p>\n\n\n\n

As influencias da m\u00fasica que Brais Gonz\u00e1lez escribiu para “H\u00e4xan” nacen da m\u00fasica medieval e o canto gregoriano para penetrarse tam\u00e9n nas m\u00fasicas ortodoxas, o minimalismo sacro, o uso de electr\u00f3nicas ambientais e a exploraci\u00f3n de linguaxes m\u00e1is contempor\u00e1neas, que lembran \u00e1 m\u00fasica das vangardas sovi\u00e9ticas.<\/p>\n<\/div>\n\n\n\n

\n
\"\"<\/figure><\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n\n\n\n

Nesta ocasi\u00f3n, ademais dos membros habituais da formaci\u00f3n (Brais Gonz\u00e1lez ao piano e Blas Casta\u00f1er \u00e1 percusi\u00f3n) acompa\u00f1an a Caspervek Laura Lorenzo (frauta), Tonio Comesa\u00f1a (clarinete) e Andrea Gonz\u00e1lez (saxof\u00f3n), tres dos m\u00e1is prometedores int\u00e9rpretes de vento madeira do panorama nacional actual.<\/p>\n\n\n\n

H\u00e4xan<\/h2>\n\n\n\n

“H\u00e4xan” ou “A bruxer\u00eda a trav\u00e9s dos tempos” \u00e9 un filme do director dan\u00e9s Benjamin Christensen dividido en sete partes, cada unha das cales narra unha historia diferente, nun percorrido pola historia da bruxer\u00eda e o culto ao demo desde a Idade Media ata os modernos anos 20.<\/p>\n\n\n\n

\n
\n

O cineasta vincula a persecuci\u00f3n da bruxer\u00eda coa represi\u00f3n masculina do desexo feminino e constr\u00fae unha obra marcadamente anticlerical que escandalizou e foi prohibida en moitos pa\u00edses.<\/p>\n<\/div>\n\n\n\n

\n
\"\"<\/figure>\n<\/div>\n<\/div>\n\n\n\n

A mezcla de documental e ficci\u00f3n, e a liberdade coa que se mostra un amplio repertorio de imaxiner\u00eda sexual, violenta e sacr\u00edlega, del todo inusual para a \u00e9poca, converten o filme nun produto an\u00f3malo, e polo tanto nun claro xermen do fen\u00f3nemo de cine de culto. Un repaso ao mundo do ocultismo, a maxia negra e a bruxer\u00eda a trav\u00e9s de varios s\u00e9culos para debuxar un panorama que pode resultar tan fascinante como estremecedor.<\/p>\n\n\n\n

\"[Silver<\/figure>\n\n\n\n

Esta obra mestra de Christensen foi rescatada e posta en valor na d\u00e9cada dos 70′, no contexto da contracultura, e restaurada do orixinal nos anos 90′ dando p\u00e9 a unha nova reivindicaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n