GFFF ONLINE

Vive o GFFF dende o sofá da casa! Dispoñible as 24 horas do día. Incluso o Pequefreak!

Do 30 de setembro ao 12 de outubro do 2021.

QUE TEREMOS NO GFFF 2021?

ONDE SERÁ O GFFF 2021?

NEW VIDEODROME

Sede oficial, Espacio MUTA. Proxeccións, exposicións, mesas cadradas, etc.

Auditorio do Concello

Unicamente Pequefreak e Inauguración.

CINEMA FFFREAK

Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:

  • Terror e arrepío para que non durmas máis.
  • Friquismo do de verdade.
  • Humor ata que escache o diafragma.
  • Pezas que che van deixar o cu torcido.
  • A mellor animación.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais.

ASÍ FOI O GFFF 2020

MÁIS QUE CINEMA

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!

https://www.youtube.com/watch?v=GSMCdGM-ZlM

Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!