25 de SETEMBRO do 2021

10:00 – 14:00 / 17:00 – 21:30

O GFFF arrancará unha semana antes, o 25 DE SETEMBRO, cun día enteiro dedicado ao público infantil e xuvenil: O Pequefreak, un evento no que as nais e pais, tías e tíos, poderán iniciar aos máis cativos no marabilloso mundo do cinema freak.

Nota: a excepción do Taller de stop-motion, no resto de actividades os pequefreaks deben ir acompañados por un adulto.

10:00 – 12:30
Taller
Stop-Motion

Fernando Cortizo, director de 'O Apóstolo', jurado del ...

O director, Fernando Cortizo, e Isabel Rey (Produtora Executiva) impartirán este obradoiro no que os pequefreaks moldearán os seus propios personaxes e crearán unha escena fotograma a fotograma, dando vida a unha pequena película de animación coas súas propias mans.

18:00 – 19:30
Inmersia
Realidade Virtual

De Vigo a la luna con realidad virtual

Actividade dedicada a introducir aos máis pequenos no mundo da robótica e a electrónica de xeito divertido. Poderán gozar de varios xogos e experiencias con gafas e mandos de realidade virtual.

12:30 – 14:00 : Curtas I (+7)
17:00 – 18:00 : Curtas II (TP)

A sección oficial, na que os pequefreaks elixirán a súa obra favorita, está composta por 19 curtametraxes, vidas de todas as partes do mundo.

Entre elas 9 filmes nunca vistos en Galicia, dos que 2 son estreas internacionais, 2 son estreas en España e 5 en Galicia.

19:30 – 21:30
Los Goonies

O broche final a esta xornada de cinema infantil será a proxección deste clásico de 1985 dirixido por Richard Donner e baseado nunha historia de Steven Spielberg.

Los Goonies: ¿Qué fue de sus protagonistas?

Se es pequeno e es freak,
vén ao Pequefreak!