O xurado e o público deron o seu veredicto. A clausura do GFFF #5 chegou cargada de premios. “Foi moi difícil decidir pola altísima calidade da programación”, segundo o xurado.
Pola parte do público, o aplausómetro foi o protagonista, pois as salvas de palmas e as gargalladas repetíronse día tras día, nunha edición que esgotou tódalas entradas e encheu tódalas sesións.
Podes consultar aquí o palmarés, que, salvo “La última Navidad del Universo”, podes gozar xunto co resto da Sección Oficial e o Pequefreak no GFFF ONLINE, dispoñible até o 10 de outubro.