Entrada libre, aforo limitado.
O GFFF ten a honra de presentar o movie book “Cinepatía: héroes, diosas y villanos”, Vol. 1. Nel, os realizadores Ángel Regueiro e Óscar Suárez presentarán en exclusiva este volume dedicado a todos eses filmes que marcaron a súa infancia e mocidade cinéfilas. Unha viaxe, non só pola historia do cinema, senón tamén por todas salas de cine que iluminaron Vigo nos anos 60’ e 70’.
Sesenta longametraxes que evocan, dalgún xeito, aquelas dobres sesións que se proxectaban nalgunhas salas de cinema de outrora. Os filmes elexidos non son os mellores da historia do cinema nin nada polo estilo. Ao contrario, son aqueles que marcaron, polo motivo que fose, a súa infacia e xuventude, de tal modo que a calidade das películas escollidas non podía ser un impedimento para figurar na devandita selección.
A través destes filmes trasladan ao lector a unha época na que ir ao cinema era toda unha aventura, describindo as sensacións diante da gran pantalla e nas diferentes salas —a gran maioría xa desaparecidas— que durante un longo espazo de tempo servíronlles de hábitat para tal goce.
O seu amor incondicional ás quilométricas metraxes destes filmes conduceos a tomar por verdade a frase: “o cinema é mellor que a vida”.
Ángel Regueiro
Vigo, 1967
Inicia a súa andaina autodidacta no sector audiovisual en 1998, como actor e co-guionista na mediometraxe bélica-musical, “The last patrol (La Colina de la muerte)”, dirixida por Cora Pena.
Intervén como actor en varias curtas ata o ano 2000 cando dirixe e escribe a súa primeira curtametraxe, “Fósil”, seleccionada no Festival de Sitges para o apartado Brigadoon.
En 2001, codirixe e escribe xunto a Óscar Suárez, a curta “Las lágrimas de la reina”, que tamén é seleccionada en Sitges e colabora no guion de “El masticar de los muertos en sus tumbas”, dirixido por Óscar Suárez. En 2007 dirixe e escribe outra curtametraxe de corte fantástico, “Todo un personaxe”, que tamén viaxa a Sitges.
Na actualidade, compaxina o seu traballo como axente ambiental, coa escritura do libro, “Cinepatía”, que xunto a Óscar Suárez, selecciona as películas que máis lle impactaron desde a súa nenez, ata a actualidade.
Óscar Suárez
Caracas, 1960
Realiza con Cora Pena a mediometraxe musical “The last patrol (La colina de la muerte)”. Premiada no Xociviga-2000. A continuación, dirixe e escribe o guion de varia curtametraxes. Destacan: “Amazonas 2000” e ”Las lágrimas de la reina”, seleccionadas no Festival de Cinema de Terror de Sitges. “El masticar de los muertos en sus tumbas” foi premiada ao mellor guion no Festival de Curtas de Alcobendas (Madrid, 2003). Seleccionado tamén no festival de Sants (Barcelona), no de cinema gore de Buenos Aires e noutros festivais internacionais.
Na TVG traballou na serie “Fíos”. En Televigo como comentarista de “Que grande es ser freak!” programa de cinema de terror e ciencia ficción. Foi membro do xurado da sección competitiva de longametraxes no XII Festival de Cinema Internacional de Ourense. Colaborou na crítica de estreas cinematográficas do programa da TVG “Planeta Cinema”, e
escribindo artigos sobre o mundo do celuloide na revista “O Ollo Público”.
Actualmente coordina os seus labores de programador no festival de curtametraxes Galician Freaky Film Festival (GFFF) con obradoiros de cinema en diferentes centros educativos de Vigo.