Require inscrición previa cunha entrada de balde.

Da mán de CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización) e xunto co programador e xornalista cultural Javier Trigales desenvolveremos un espazo onde descubriremos que escribir sobre cinema é algo máis que dar unha opinión subxectiva.

Contidos da charla:

1. A crítica cinematográfica hoxe: rrss, podcasts, blogs e medios tradicionáis. Amateurismo e profesionalización.

2. A crítica como guión cinematográfico, como microcomisariado e como footing audiovisual.

3. Qué debería ter unha boa crítica e qué non.

4. A crítica atemporal: o cinema entendido como un círculo plano.

A CRÍTICA COMO CAMPO DE ENTRENAMENTO

Para qué escribir sobre cinema e para quén? A crise dos medios tradicionáis está a levar a unha democratización da crítica na que candaun pode facer o seu dende as súas atalaias persoáis. Pero escribir sobre cinema é algo máis que dar unha opinión subxectiva: pode converterse en todo un arte con comezo, nó e desenlace, con cliffhangers e puntos de xiro. A crítica cinematográfica é por outra banda, unha ferramenta extraordinaria para entender mellor qué é a linguaxe audiovisual, cómo funciona e cómo nos afecta como espectadores ou como creadores de imaxes. Escribir para aprender, compartir e comprender.

JAVIER TRIGALES

Javier Trigales é programador de festivais, mostras e ciclos como a penúltima edición do Festival Internacional Cineuropa ou o Festival SinSal. É comisario audiovisual e traballa na xestión cultural para múltiples organismos públicos e entidades privadas. Tamén é guionista para cinema e TV (con traballos para Globomedia, La Dalia Films, Eye Slice Pictures ou Bambú Producciones). O seu guion para a curtametraxe ECO acadou varios premios en festiváis nacionales e internacionáis. E o seu guion para o filme VIEJOS de Raúl Cerezo e Fernando González Perez (a piques de estrearse) acadou o primeiro premio al mellor proxecto internacional no festival de Sitges. Tamén é docente de audiovisuáis para diversas escolas, museos e centros culturáis de todo o país. Por último, colabora como periodista cultural para varios medios (Luzes, Icon El País, Espinof, CaninoMag, Transit Cine, Diario Público), publicou como colaborador unha ducia de libros con Cátedra, Rosebud, Almuzara, Arkadin, T&B, Rosebud… e forma parte da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE).