Dedicamos esta #5 edition ao 40º aniversario de EVIL DEAD! E para celebralo, proxectaremos as dúas primeiras entregas desta saga inzada de gargalladas e casquería para que as sintades como na súa estrea!

THE EVIL DEAD

EUA / 1981 / 81’

SAM RAIMI

Reparto: Bruce Campbell, Ellen Sandweiss, Betsy Baker, Richard DeManincor, Theresa Tilly, Scott Spiegel

Guión: Sam Raimi

Fotografía: Tom Philo

Música: Joseph LoDuca

Xoves, 30 de Setembro | 21:30

NEW VIDEODROME

Cinco mozos van pasar a fin de semana a unha cabana perdida nun espeso bosque nas montañas de Tennessee. Unha vez instalados, e cando se atopan ceando, a porta que dá acceso ao soto ábrese de golpe. Estrañados, deciden baixar a investigar. Alí atopan un  magnetófono, un estraño coitelo ritual e un vello libro.

EVIL DEAD II

EUA / 1987 / 85’

SAM RAIMI

Reparto: Bruce Campbell, Sarah Berry, Dan Hicks, Kassie Wesley DePaiva, John Peakes, Ted Raimi, Denise Bixler, Richard Domeier, Lou Hancock

Guión: Sam Raimi e Scott Spiegel

Fotografía: Peter Deming

Música: Joseph LoDuca

Venres, 1 de outubro | 22:00

NEW VIDEODROME

O bo de Ash disponse a pasar unha fin de semana no bosque coa súa moza. Pero todo vaise ao traste cando reproducen unha cinta na que un profesor gravara varias pasaxes do Necronomicon, o Libro da Morte. As súas verbas farán espertar unha forza diabólica famenta por devorar almas

Quen lle ía a dicir a dicir a aqueles tres novos norteamericanos, Sam Raimi, Rob Tapert e Bruce Campbell, que en 1981 levaron adiante a produción de Evil Dead con máis paixón que recursos, que corenta anos despois un irredutible festival, alén do océano, no noroeste de España, ía celebrar o seu aniversario ao grande. Seguramente lles soaría a ciencia ficción. Como aquelas historias que Raimi lía na súa nenez nas páxinas dos cómics Marvel. Pero o certo, é que o Galician  Freaky Film Festival volve un ano máis para converter a Vigo nun lugar máis freak, se iso é posible. Así que, rapazada do mundo preparade as vosas  motoserras, lembrade as palabras “Klaatu Varada Nikto”, e unídevos ás filas do GFFF, antes de que as luces de Nadal do señor Caballero brillen tanto que non podamos refuxiarnos na escuridade da sala de proxección para gozar do fantástico! Groovy!

por Luis M. Rosales