ASÍ FOI O GFFF #5!
- O Pequefreak! Porque tiñamos unha débeda pendente cxs máis cativxs da casa.
- Proxecións de 9 bloques de curtas co mellor do mellor!
- Proxecións de Evil Dead e Evil Dead 2! Heil to the king, baby!
- Caspervek musicalizando Häxan!
- E mesas cadradas, e presentacións…
ONDE FOI O GFFF 2021?
NEW VIDEODROME
Sede oficial, Espacio MUTA. Proxeccións, exposicións, mesas cadradas, etc.
Auditorio do Concello
Unicamente Pequefreak e Inauguración.
CINEMA FFFREAK
Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:
- Terror e arrepío para que non durmas máis.
- Friquismo do de verdade.
- Humor ata que escache o diafragma.
- Pezas que che van deixar o cu torcido.
- A mellor animación.
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais.

MÁIS QUE CINEMA
O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!
Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!