GFFF ONLINE

Vive o GFFF dende o sofá da casa! Dispoñible as 24 horas do día. Incluso o Pequefreak!

Do 30 de setembro ao 12 de outubro do 2021.

Entradas para asistir ás proxeccións esgotadas.

Pack 10 cañas

Podes adquirir un pack de 10 cañas para chegar e encher, sen cartos físicos, sen buscar nos petos, sen esperas. Na sala non dispoñemos de pago con tarxeta.


Inauguración: Caspervek + Häxan

Como vén sendo costume, inauguramos esta #5 edition do GFFF cunha viaxe aos albores do cinema. Nesta ocasión é a quenda do filme “Häxan” do director Benjamin Christensen.

Non dispoñible.

Pase EVIL DEAD

Acceso unicamente á proxección de EVIL DEAD o mércores 29 de setembro.

Non dispoñible.

ABONO VIF (Very Important Freaks)

Inclúe todo isto:

Esgotados.

Pases por día: xoves, venres, sábado

Podes mercar o pase dun día concreto individualmente, que dá acceso ao festival durante todo ese día. Excepto AULA CREA, que precisa inscrición previa.

Esgotados.

Aula Crea

Da mán de CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización) e xunto co programador e xornalista cultural Javier Trigales desenvolveremos un espazo onde descubriremos que escribir sobre cinema é algo máis que dar unha opinión subxectiva.

Non dispoñible.