Mesa Cadrada

MULLERES DO UNIVERSO FREAK

Entrada libre, aforo limitado.

Tomando como premisa o carácter, a primeira vista, minoritario da muller no eido dos xéneros de terror, fantástico ou afíns, formularemos unha conversa sobre esta circunstancia para poder coñecer de primeira man esta realidade. Un encontro no que debatirase sobre o papel da muller non só como creadora senón tamén como espectadora e consumidora destes xéneros.

Máis info
Presentación MOVIE BOOK

CINEPATÍA: Héroes, diosas y villanos.

Entrada libre, aforo limitado.

O GFFF ten a honra de presentar o movie book “Cinepatía: héroes, diosas y villanos”, Vol. 1. Nel, os realizadores Ángel Regueiro e Óscar Suárez presentarán en exclusiva este volume dedicado a todos eses filmes que marcaron a súa infancia e mocidade cinéfilas. Unha viaxe, non só pola historia do cinema, senón tamén por todas salas de cine que iluminaron Vigo nos anos 60’ e 70’.

Máis info

Exposición: PELUCAS

Entrada libre, aforo limitado.

É sen ningunha dúbida para moitos unha das figuras influentes e podemos dicir que é un dos artistas urbanos galegos máis respectados e recoñecidos a nivel internacional. Xunto co seu irmán xemelgo  Liqen e outros artistas como Nano 4814.

Máis info

ANIVERSARIO: EVIL DEAD

Dedicamos esta #5 edition ao 40º aniversario de EVIL DEAD! E para celebralo, proxectaremos as dúas primeiras entregas desta saga inzada de gargalladas e casquería para que as sintades como na súa estrea!

Máis info
Festival colega

CRYPTSHOW FESTIVAL

Con quince edicións de traxectoria, o Cryptshow Festival é un dos festivais de cinema fantástico e de terror máis salientables de Cataluña. 

Nesta ocasión, darémoslles carta branca para presentar unha pequena selección con algunhas das obras máis destacadas da súa programación.

AULA CREA con JAVIER TRIGALES

Require inscrición previa.

Da mán de CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización) e xunto co programador e xornalista cultural Javier Trigales desenvolveremos un espazo onde descubriremos que escribir sobre cinema é algo máis que dar unha opinión subxectiva.

Máis info

Mesa PROXECTA

Dentro das accións da nosa Coordinadora Galega de Festivais, Proxecta, están estes constructivos encontros entre os seus membros e os profesionais do eido cinematográfico galego.

Nesta quenda o GFFF organiza e postula unha mesa na que pretendese abordar o novo escenario e a súa evolución coa chegada das plataformas de VOD e dunha pandemia que veu acelerar estes cambios.

Tratarase as políticas e intencións desde diferentes puntos de vista, como poden ser os responsables de festivais, os realizadores xunto coa parte creativa e tamén dende o punto de vista da distrubución de contidos, cinematográficos ou non. Será relevante tamén abordar neste encontro o acceso a todos estes contidos, o uso deles e a súa natureza e difusión.

Falaremos das consecuencias e horizontes que isto supón para as diferentes figuras que participan no xogo da creación, distribución e difusión.

Participarán nesta conversa:

Sonia Méndez

Directora de Carballo Interplay

Suso Novás

Co-director de Novos Cinemas

Fon Cortizo

Realizador e guionista

GFFF ONLINE

Vive o GFFF dende o sofá da casa! Dispoñible as 24 horas do día. Incluso o Pequefreak!

Do 30 de setembro ao 12 de outubro do 2021.

GFFF ON THE ROAD: CODEX CINEMA

18 de SETEMBRO no CODEX CINEMA de Lugo

PEQUEFREAK: O MEU PRIMEIRO FESTIVAL

25 de SETEMBRO no AUDITORIO DO CONCELLO de Vigo

INAUGURACIÓN: CASPERVEK + HÄXAN

29 de SETEMBRO no AUDITORIO DO CONCELLO de Vigo