Divulgando o cinema freak na nosa lingua

MINISTERIO DO CINEMA FREAK

Desde Abella producimos e difundimos o Ministerio do Cinema Freak, un magazine sobre ese mundo do cinema do que o Galician Freaky Film Festival é fiel devoto.

Ademais, se vos gustan os nosos contidos ou credes que Lady Reference vai moi sobria, podedes convidar ao equipo do Ministerio a un Licor Ko-Fi! 🥃

Desde xaneiro de 2021 e cunha periodicidade quincenal, o noso equipo elabora estes traballos audiovisuais, feitos có agarimo propio dun cinéfago e coa intención de enriquecer a variedade de contidos de divulgación en galego na principal plataforma de produtos audiovisuais, YouTube.

Conforman este magazine, pezas de 5-8 minutos que teñen na súa forma e contido o carácter e o espírito do GFFF. Guionizados e realizados con esmero e detalle polo noso equipo, o Ministerio do Cinema Freak é un contido sumamente zumento para os seguidores deste tipo de cinema, e para todos aqueles novos cinéfilos que queren mergullarse en novos paraísos freaks.

MINISTERIO DO CINEMA FREAK