Entrada libre, aforo limitado.

É sen ningunha dúbida para moitos unha das figuras influentes e podemos dicir que é un dos artistas urbanos galegos máis respectados e recoñecidos a nivel internacional. Xunto co seu irmán xemelgo Liqen e outros artistas como Nano 4814.

Desenvolveu a súa arte na supervivencia da total independencia dominando múltiples disciplinas artísticas ademais do grafiti e a pintura mural: ilustración, escultura, instalación,  deformance, serigrafía, vídeo creación, etc.

 Tras unha longa traxectoria pintando e ilustrando por todo o mundo nas rúas de cidades como Madrid, Barcelona,  Hamburgo, Berlín,  Mexico  DF,  Tanger ou Londres; de expoñer en museos e galerías de arte como MARCO, Museo de arte contemporánea (Vigo), Galería  Subaquática (Madrid)  Stolen  Space  Gallery(Londres),  PoulsenGallery (Copenhague) ou Galería  Limited (Milán); de participar en múltiples eventos e exhibicións de Pintura Mural.Desenvolveu un estilo único e persoal, basta cun golpe de vista para saber que é el quen está detrás dun mural seu.

Co seu persoal estilo  fauvista e tropical, creou múltiples mundos  surreales infestados de psicotrópicos personaxes, que  paradojicamente, achégannos a universos  oníricos moi reais e próximos. O seu humor  vacilón,  sarcástico e absurdo, infestado de sorna e dobres sentidos, deixa entrever significados profundos e críticos sobre o mundo que nos rodea á vez que nos fai  reir e comprender o estúpidos que podemos chegar a ser.. .Todo isto fai que a súa arte sexa complexa e divertida ao mesmo tempo,  irónica e seria.  “Chanado e desenfadado”, como el podería dicir.

Segue desenvolvendo a súa arte na supervivencia e actualmente esta involucrado en proxectos para sociedades particulares do estranxeiro e buscando patrocinadores para outros, como facer o camiño de Santiago disfrazado de Michel  Jackson , facendo o  moonwalker desde Santiago a  Roncesvalles, por suposto.